Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15132

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.

Advertidos erros na publicación da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 38, do 25 de febreiro de 2021, cómpre realizar as oportunas correccións no sentido que se indica a continuación:

Na páxina 11658, no artigo 3.1.e):

– Onde di: «… 30 %…», debe dicir: «… 3 %…».

Na páxina 11689, no artigo 35, na enumeración dos puntos 3 e 4:

– Onde di: «3.», debe dicir: «2.»; onde di: «4.», debe dicir: «3.».

Na páxina 11723, no artigo 91, na enumeración dos puntos 4, 5 e 6:

– Onde di: «4. As multas coercitivas...», debe dicir: «5. As multas coercitivas...»; onde di: «5.», debe dicir: «6.»; onde di: «6.», debe dicir: «7.».