Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 14985

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22.

Para o obxecto de dar continuidade ao proxecto Educación dixital (E-Dixgal) para o curso 2021/22,

DISPOÑO:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) para o curso 2021/22.

Segundo. Que o prazo para presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán presentar a solicitude que figura no anexo da convocatoria xunto coa documentación do proxecto e dirixilo á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Santiago de Composte, 2 de marzo de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional