Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 2 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de autorización de instalacións eléctricas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por ignorar o lugar de notificación, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), para comparecer, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias da Sección de Enerxía desta xefatura, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de marzo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada

Acto notificado

Carmen Campos Allende

Resolución do 8 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2020/12-4)