Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 157/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia dos herdeiros de José Blanco Blanco: Damián Blanco Ares e Rosa María Ares Suárez contra Eladio Pérez Blanco e Fogasa, en materia de cantidade, rexistrado co número 157/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Eladio Pérez Blanco, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 19 de maio de 2021, ás 9.30 horas, para o acto de conciliación, na planta segunda, oficina xudicial e, se é o caso, ás 9.40 horas para o acto de xuízo, na planta baixa, sala 3, no edificio da rúa Berlín. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazameto.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención os demandantes, poidan estar estes representados tecnicamente por graduado social colexiado ou representados por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Eladio Pérez Blanco, en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza