Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de marzo de 2021 pola que se notifica o inicio do procedemento para reclamar os custos ocasionados no sistema de accesos ao porto de Bueu polo accidente do vehículo con matrícula 7113HVP.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a José Núñez Fernández o Acordo da Dirección de Portos de Galicia, do 8 de febreiro de 2021, que inicia o procedemento para reclamar os custos de reparación do bolardo do sistema de accesos ao porto de Bueu danado polo choque do vehículo da súa propiedade, con matricula 7113HVP, por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Este acordo emíteo a Dirección de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, alíneas a) e b), da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O importe a que ascenderon as actuacións de reparación foi de 465,85 euros, IVE incluído.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe de División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Outórgase un prazo de dez (10) días hábiles, contados desde a notificación desta cédula, para formular alegacións e achegar ou propor todos os medios de proba que considere adecuados en defensa dos seus dereitos.

O expediente completo para o seu exame, das 9.00 ás 14.00 horas, encóntrase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia.

As alegacións dirixiranse ao instrutor nomeado no procedemento, ao enderezo antes sinalado.

Se manifesta a súa conformidade coa reclamación, poderá aboar a cantidade empregando o modelo de impreso que se facilitará contactando cos servizos centrais de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 29, e neste caso darase por finalizado o procedemento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia