Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Begonte (expediente IN407A 2020-51 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Ingapan, S.L.U.

Domicilio social: r/ Agricultura, 52-53, 27003 Lugo.

Denominación: centro de seccionamento 20 kV 2L+1V, para conexión á rede de distribución de MT dos centros de transformación dunha industria alimentaria.

Situación: concello de Begonte.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, con número de visado 20202414, con data do 25 de setembro de 2020.

Características técnicas principais: centro de seccionamento en edificio prefabricado de formigón tipo CMS 21 do fabricante Ormazábal, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático.

Finalidade da instalación: mellora da subministración.

Orzamento: 28.630,42 euros.

Documentación complementaria:

– Separata para o Concello de Begonte

– Separata para Begasa.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e deberá realizar a dirección de obra un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 2 de marzo de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo