Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-54/2021-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-54/2021-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 2 de marzo de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-54/2021-PPM

78806762E

Inicio

Nine, 36, Cespón, Boiro

PSC-CO-69/2021-PPM

52451461F

Inicio

Espiñeira, 77, Boiro

PSC-CO-78/2021-PPM

44848571C

Inicio

Rúa Principal, 131-5º A, Boiro

PSC-CO-93/2021-COO

47364043M

Inicio

A Orxeira, 16, Malpica de Bergantiños

PSC-CO-96/2021-V

78804541D

Inicio

Rúa Santiago de Compostela, 8-4º C, Cee

PSC-CO-101/2021-PPM

78784252Y

Inicio

O Araño-Traba, 32, Rianxo

PSC-CO-103/2021-PPM

47350223P

Inicio

O Portiño, 21, A Coruña

PSC-CO-116/2021-PPM

Y1891133H

Inicio

O Portiño, 6, A Coruña