Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 1 de marzo de 2021 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/37/2018-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Daniel Rodríguez Mejuto en calidade de herdeiro de Hipólito Rodríguez Cabarcos para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/37/2018-RP1, en relación coa construción dunha edificación coa tipoloxía propia dunha vivenda unifamiliar paralizada e sen rematar que se leva a cabo no lugar de Lendorrío, no termo municipal de Taboada, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de marzo 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística