Prazas: 1 (unha) responsable de recursos humanos.
Tipo de contrato: remuda, indefinido, tempo completo.
Proceso selectivo: concurso-oposición.
As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría, rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web www.portovilagarcia.es.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.
Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría e páxina web www.portovilagarcia.es.
Vilagarcía de Arousa, 3 de marzo de 2021
José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría