Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14388

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de setembro a decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela,1 de marzo de 2021

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Consellería de Emprego e Igualdade para impartir programas formativos de formación profesional básica e programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas especiais ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional

21.9.2020

42.683,76 €

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) para a realización de formación universitaria para orientación laboral aberta para 2020.

29.9.2020

140.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e as organizacións sindicais (UGT-FICA, CC.OO.) e empresarial (Asime) no marco do proxecto FEAG-Empreganav

17.12.2020

30.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Deputación de Pontevedra para a acreditación da formación impartida pola Deputación de Pontevedra de dous cursos de competencias clave

30.12.2020

----

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Consellería de Emprego e Igualdade para a coordinación das ofertas de formación profesional nos centros que impartan ensinanzas de formación profesional da nosa comunidade autónoma

30.12.2020

4.618.852,06 €