En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociacion de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación as empresas ou os empresarios con traballadores ao seu cargo segundo o establecido no artigo 1 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio.
Asinantes: Antonio Castelo Silveira e Agustín Moreira Graciá.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais