Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi)

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación, como membros de pleno dereito, as empresas de carácter privado pertencentes ao sector audiovisual.

Asinantes: Luisa Maria Romeo González e Felipe Lage.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais