Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14517

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 33/2019).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de ETX 33/2019 deste xulgado, se ditou Decreto do 19.2.2021 contra o cal se poderá interpoñer recurso de revisión no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Farma, S.L., Innovis Laboratorios, S.L.U. e Novocat Farma, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtense os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza