De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín-Pontevedra (rúa Polideportivo nº 1, baixo) (teléfono: 886 15 94 54), en horario das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, con cita previa.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación.
Pontevedra, 26 de febreiro de 2021
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado/a |
Acto que se notifica |
NR2 |
76785030J |
Notificación resolución |