Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14114

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos necesarios para a urbanización parcial da rúa San Carlos.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Narón, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de xullo de 2020, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos necesarios para a urbanización parcial da rúa San Carlos.

Así mesmo, acordouse someter a información pública polo período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do concello e nun xornal dos de maior circulación da provincia.

Para estes efectos, desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, o proxecto poderase consultar nas dependencias do Servizo de Expropiacións, sito no 6º andar da casa do concello, de luns a venres, das 8.30 ás 13.00 horas, logo de cita telefónica.

En cumprimento do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio serve de notificación aos interesados que poidan resultar descoñecidos, dos cales se ignore o lugar para a práctica da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar.

Narón, 5 de febreiro de 2021

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa presidenta

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Afección

Sup. total

(m²)

Sup. afectada

(m²)

DNI

Ref. catastral

Valor
prezo xusto (€)

01

Total

429

429

76396347F

5168047NJ6156N0001WF

5.774,77 €

02

Parcial

422

14

32697334M

5168041NJ6156N0001JF

334,36 €

03

Parcial

91

13

32374913K

5168040NJ6156N0001IF

369,54 €

04

Parcial

98

14

32660932N

32682789L

5168039NJ6156N0001EF

366,79 €

05

Parcial

83

15

10029248Y

33815093X

33805045J

33680363Z

5168038NJ6156N0001JF

5168038NJ6156N0002KG

396,46 €

06

Parcial

105

19

76396347F

5168037NJ6156N0001IF

353,03 €