Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2021 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Places IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea Places IV, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 11 de febreiro de 2021, Ricardo López Piñeiro solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Places IV.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior, resolvo:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de José Santiago López Piñeiro (***6629**) e María Belén Romero Torres (***6672**), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Places IV.

Localización:

Cuadrícula nº: 36.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 17.10.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Santiago López Piñeiro (***6629**), Ricardo López Piñeiro (***3802**) e María Belén Romero Torres (***6672**).

Novos titulares: José Santiago López Piñeiro (***6629**) e María Belén Romero Torres (***6672**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberá presentar no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

Documento notarial da transmisión ou doazón.

Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de febreiro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña