Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Galtecma, S. Coop. Gallega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral o 2 de febreiro de 2021 resolveu inscribir no Rexistro Central de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade Galtecma, S. Coop. Gallega, acordada na reunión do consello reitor do 1 de xullo de 2020. O seu novo domicilio social é rúa Tomás A. Alonso, número 9, baixo, 36208 Vigo, provincia de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social