Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 169/2019).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 169/2019 deste xulgado se ditou o Decreto de insolvencia, do 18 de febreiro de 2021, contra o cal se poderá interpoñer recurso de revisión.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación a Perfume Vip, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021

A letrada da administración de xustiza