Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13711

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (457/2020).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento de familia, garda e custodia f02 457/2020, seguido por instancia de Cherly del Valle Villa García fronte a Benito José Betancourt Irazábal, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza n° 79/2021

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2021.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo verbal nº 457/2020, promovido pola procuradora Sra. Maestre Ortuño en nome e representación de Cherly del Valle Villa García, asistida do letrado Sr. Míguez López, fronte a Benito José Betancourt Irazábal, declarado en rebeldía procesual, con intervención do representante do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia dunha menor de idade.

(…)

Fallo:

Que estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal presentada pola procuradora Sra. Maestre Ortuño, en nome e representación de Cherly del Valle Villa García, asistida do letrado Sr. Míguez López, fronte a Benito José Betancourt Irazábal, declarado en rebeldía procesual, con intervención do representante do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia dunha menor de idade, Ámbar Valle Betancourt Villa, procede elevar a definitivas as medidas provisionais acordadas con data 2.10.2020 antes enunciadas.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 € previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mandoo e asinoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna, en audiencia pública, o xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E ao estar o dito demandado Benito José Betancourt Irazábal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza