De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 23 de febreiro de 2021
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE |
Acto obxecto de notificación |
32-BONAL-050/2020 |
44466841K |
Resolución de concesión da subvención do Programa do bono de alugueiro |
32-BONAL-067/2020 |
Y2439763Y |
Resolución de desistencia da solicitude de subvención do Programa do bono de alugueiro |