Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de modificación de uso urbanístico de ben de titularidade municipal (expediente 82/2021).

Mediante o Acordo plenario, do 28 de xaneiro de 2021, acordouse incorporar aos usos urbanísticos específicos e compatibles xa recollidos na Ordenanza EC, de equipamento comunitario, da parcela nave municipal do Senpa (referencia catastral 9615118NH8891N0001HB) o seguinte uso, de acordo co sinalado no informe da arquitecta municipal, do 26 de xaneiro de 2021, e en aplicación do disposto no artigo 42.5 da Lei do solo de Galicia:

Uso específico: o do equipamento correspondente.

Usos compatibles: vivenda: categoría 1 (solo 1/equipamento).

Comercial: categoría 2.

Administrativo e oficinas: categoría única.

Salas de reunión e hostaleiro: categoría 3.

Sanitario asistencial: categorías 1 e 2.

Educativo: categorías 1 e 2.

Espectáculos: categoría única.

Garaxe-aparcadoiro: categoría 1.

Deportivo: categoría única.

Este cambio de uso non supón cambio na clasificación nin cualificación dos terreos e mantense a actual. Así mesmo, a ordenanza de aplicación seguirá sendo a Ordenanza de equipamentos comunitarios.

Guitiriz, 1 de febreiro de 2021

Marisol Morandeira Morandeira
Alcaldesa