Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13512

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da subscrición dun convenio urbanístico de execución de planeamento.

Na casa do concello asinouse, o 17 de febreiro de 2021, o texto inicial do convenio urbanístico entre José Luis Martínez Sanjurjo, en calidade de alcalde presidente do Concello de Ordes, e María Fanny, María del Carmen e María del Pilar Bascoy Valiño, para a ordenación detallada do sector do solo urbanizable S-05 do Plan xeral de ordenación municipal de Ordes.

De acordo co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o texto dos convenios sométese ao trámite de información pública polo período dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

O texto íntegro dos convenios pódese consultar na páxina web do Concello de Ordes, na seguinte ligazón https://concello.ordes.gal/p/pxom.

Ordes, 26 de febreiro de 2021

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente