Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se notifica a resolución de baixa das autorizacións como xestor de almacenamento de residuos do punto limpo de Valga e como xestor de almacenamento e valorización de residuos non perigosos da empresa Soil Recovery, S.L. na planta de Valga.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícase ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de baixa das autorizacións.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expedientes: 2019-SC-M-00031, 2019-SC-M-00032 e 2019-SC-M-00033.

Titular: Soil Recovery, S.L.

NIF: B82773615.

Acto notificado: resolución de baixa das autorizacións de xestor de residuos.

Data do acto administrativo: 25.1.2021.