Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12717

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

O actual funcionamento da Administración pública é froito dunha importante evolución provocada polas innovacións tecnolóxicas e polas demandas sociais de cambios no sector público. Estes dous factores derivaron na aprobación, tanto no ámbito estatal como autonómico, de importantes normas como as leis 39 e 40/2015, do 1 de outubro, que crearon un marco xurídico en que se establece para un amplo grupo de suxeitos a obriga de relacionarse electrónicamente coa Administración e para que o persoal desta asista a cidadanía no uso dos medios telemáticos. Pola súa parte, na nosa comunidade autónoma aprobouse o Plan de administración e goberno dixitais 2020 co fin de de que a Administración galega fose capaz de reforzar e potenciar o modelo de funcionamento e prestación de servizos públicos, mediante o uso innovador da tecnoloxía.

Todo este proceso completouse coa aprobación da Lei de administración dixital de Galicia, que ten por obxectivo regular a transición a un goberno e administración dixitais no sector público autonómico, implementando e fomentando a adopción das medidas precisas para incorporar o potencial das novas tecnoloxías, entre outras cousas, na modernización do sector público autonómico.

Por outro lado, o 6 de decembro de 2018 publicouse a actual Lei orgánica de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, lei que, xunto co actual Regulamento europeo de protección de datos, amplía os dereitos da cidadanía neste eido e introduce importantes novidades, como o dereito ao esquecemento ou o dereito á portabilidade, dereitos que melloran a capacidade de decisión e control da cidadanía sobre os datos persoais que confían a terceiros.

É obvio que neste contexto de cambios constantes e rápidos, en que as novas tecnoloxías son un alicerce fundamental, a formación do persoal empregado público en materia de administración electrónica é imprescindible para lograr os ditos obxectivos e, por tal razón, a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) subscribiron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de formación.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55. horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

4. Nas actividades que teñan algunha sesión impartida na modalidade de telepresenza a presentación da solicitude para participar nelas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poder ser empregada polo alumnado do curso como recurso formativo e para a resolución de posibles reclamacións.

Unicamente poderá acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso, así como persoal da EGAP autorizado cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso, coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario na páxina web da EGAP na seguinte ligazón <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos>, onde se indicará como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipamento necesita para un funcionamento básico da plataforma.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 h) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2021, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29 de xaneiro (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), comezarase pola letra Y.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas en cada curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto nos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. Renuncia. Asistencia e seguimento das actividades formativas

1. Cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días naturais ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Seguimento das actividades de teleformación e de telepresenza:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Son obrigatorias a asistencia ás sesións telepresenciais da actividade formativa e mais a puntualidade.

Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

Non se pode superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas de telepresenza. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente, ante as persoas responsables da actividade formativa, nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

Oitava. Superación da actividade

a) Para poder superar estas actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan. As probas desenvolveranse con carácter xeral na modalidade en liña.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final, que se realizará en liña.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web, e tamén a través da plataforma de teleformación, das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP e a Amtega poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e a Amtega reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e a Amtega garantirán, na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Persoal destinatario

Modalidade

Datas e horario

Data e hora do exame

(en liña)

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

CV21003

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

50

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 6.4.2021 ao 10.5.2021

18.5.2021 17.00 h

CV21003

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

50

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 3.5.2021 ao 7.6.2021

10.6.2021 17.00 h

CV21003

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

50

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 4.10.2021 ao 9.11.2021

12.11.2021 17.00 h

CV21003

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

50

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 2.11.2021 ao 7.12.2021

10.12.2021 17.00 h

CV2104

Esquema nacional de seguridade para responsables de servizos e da información e coordinadores de seguridade

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional que teñan responsabilidades sobre servizos/información que se prestan ou están dispoñibles mediante as TIC.

Teleformación

Do 4.10.2021 ao 2.11.2021

5.11.2021 17.00 h

CV21006

Introdución á protección de datos persoais na Administración de xustiza. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoal que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 4.10.2021 ao 2.11.2021

5.11.2021 17.00 h

CV21007

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 6.4.2021 ao 3.5.2021

6.5.2021 17.00 h

Do 19.4.2021 ao 17.5.2021

20.5.2021 17.00 h

Do 3.5.2021 ao 31.5.2021

3.6.2021 17.00 h

Do 20.9.2021 ao 18.10.2021

21.10.2021 17.00 h

5.11.2021 19.00 h

Do 2.11.2021 ao 30.11.2021

3.12.2021 17.30 h

CV21008

Seguridade da información na Xunta de Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 6.4.2021 ao 3.5.2021

6.5.2021 18.00 h

3.6.2021 18.00 h

8.11.2021 17.00 h

CV21008

Seguridade da información na Xunta de Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 2.11.2021 ao 30.11.2021

3.12.2021 18.00 h

CV21009

Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

50

20

Do 3.5.2021 ao 24.5.2021

27.5.2021 17.00 h

Do 4.10.2021 ao 25.10.2021

28.10.2021 17.00 h

Do 2.11.2021 ao 23.11.2021

26.11.2021 17.00 h

CV21010

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no contexto da Lei 39/2015

Do 6.4.2021 ao 31.5.2021
2 sesións en telepresenza: 20.4.2021 e 18.5.2021, das 9.00 ás 12.00 h

4.6.2021 17.00 h

4.6.2021 17.15 h

Do 13.9.2021 ao 15.11.2021
2 sesións en telepresenza: 28.9.2021 e 2.11.2021, das 9.00 ás 12.00 h

18.11.2021 17.00 h

CV21011

Sistema electrónico de facturación (SEF)

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 4.10.2021 ao 2.11.2021

8.11.2021 18.00 h

CV21012

Sistemas para a contratación electrónica

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 3.5.2021 ao 31.5.2021

3.6.2021 19.00 h

CV21012

Sistemas para a contratación electrónica

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 2.11.2021 ao 30.11.2021

3.12.2021 19.00 h

CV21018

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 3.5.2021 ao 24.5.2021

27.5.2021 19.00 h

CV21018

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 10.5.2021 ao 31.5.2021

4.6.2021 18.00 h

Do 31.5.2021 ao 21.6.2021

28.6.2021 18.00 h

CV21018

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 7.6.2021 ao 28.6.2021

1.7.2021 18.00 h

CV21018

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 6.9.2021 ao 27.9.2021

30.9.2021 18.00 h

CV21018

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 13.9.2021 ao 4.10.2021

7.10.2021 18.00 h

CV21018

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 4.10.2021 ao 25.10.2021

28.10.2021 18.00 h

Do 8.10.2021 ao 29.10.2021

4.11.2021 18.00 h

CV21018

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 2.11.2021 ao 23.11.2021

26.11.2021 18.00 h

CV21018

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 8.11.2021 ao 29.11.2021

2.12.2021 18.00 h

CV21019

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e relación coa cidadanía

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 20.9.2021 ao 25.10.2021

2 sesións en telepresenza: 28.9.2021 e 19.10.2021, das 9.00 ás 11.00 h

28.10.2021 17.00 h

CV21019

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e relación coa cidadanía

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 25.10.2021 ao 29.11.2021

2 sesións en telepresenza: 2.11.2021 e 23.11.2021, das 9.00 ás 11.00 h

2.12.2021 17.00 h

CV21020

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e xestión electrónica documental na tramitación administrativa

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 27.9.2021 ao 2.11.2021

2 sesións en telepresenza: 28.9.2021 e 19.10.2021, das 12.00 ás 14.00 h

5.11.2021 17.00 h

CV21020

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e xestión electrónica documental na tramitación administrativa

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Teleformación

Do 26.10.2021 ao 30.11.2021

2 sesións en telepresenza:

2.11.2021 e 23.11.2021, das 12.00 ás 14.00 h

3.12.2021 17.00 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

CV21017

Ferramentas para o teletraballo na Administración de xustiza

50

20

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoal que integra as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 10.5.2021 ao 31.5.2021

3.6.2021 17.00 h

CV21017

Ferramentas para o teletraballo na Administración de xustiza

50

20

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoal que integra as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 4.10.2021 ao 25.10.2021

28.10.2021 18.00 h

Tecnoloxías da información e comunicación (TIC)

CV21005

Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoal que integra as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 6.4.2021 ao 3.5.2021

6.5.2021 17.00 h

CV21021

Implantación do expediente xudicial electrónico

50

30

Aproveitamento

Persoal empregado público e persoal que integra as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 19.4.2021 ao 17.5.2021

20.5.2021 18.00 h

21.10.2021 18.00 h

5.11.2021 18.00 h