Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 45758 e catro máis).

Unha vez tentada a notificación do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas ás persoas interesadas que se especifican no anexo, e ao non ser posible efectuala, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da devandita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, daranse por desistidas da súa petición.

Vigo, 18 de febreiro de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

45758

154706383

22.12.2020

45863

FT764662

12.1.2021

45865

FT764660

12.1.2021

45866

FT764661 (representante FT764662)

12.1.2021

45884

Y8212171N

23.12.2020