Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12607

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2021 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, dun posto do cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Convocada mediante Resolución do 10 de novembro de 2020 (DOG núm. 234, do 19 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade,

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle á funcionaria María Amelia Coello Casado o posto de Secretaría-Secretaría do Equipo de Goberno.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A funcionaria nomeada para ocupar este posto de libre designación poderá ser cesada discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de febreiro de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo