Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12557

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 4 de xuño de 2019 pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 23 de outubro).

A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral do 4 de xuño de 2019 pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (DOG núm. 110, do 12 de xuño), que foi modificada polas resolucións do 9 e 22 de outubro de 2019 e do 18 de maio de 2020 (DOG núm. 197, do 16.10.2019; núm. 209, do 4.11.2019 e núm. 112, do 10.6.2020, respectivamente).

Debido a que se produciron algúns cambios nas persoas que ocupan postos da Administración, considérase oportuno modificar a actual composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os puntos 2.1.2 e 3.2 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, relativos á suplencia dos vogais representantes da Administración e a suplencia da secretaría, que pasa a ter a seguinte redacción:

«2.1.2. Representantes da Administración suplentes:

– Eduardo Suárez Campo.

– Marta Figueiras García.

– Jorge Martínez Fernández».

«3.2. Secretario/a suplentes:

– María Carmen Arnoso Calvo.

– Marta Figueiras García.

– Sonia Romero Doniz».

Segundo. A modificación anterior entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade