Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12480

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2021 pola que se publica o resultado do proceso selectivo para cubrir o posto de subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural.

O 23 de decembro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de decembro de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo para cubrir o posto de subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural na Axencia Galega de Desenvolvemento rural (Agader).

O 25 de febreiro de 2021 o presidente da Agader resolveu o dito proceso selectivo de conformidade coa proposta do 18 de febreiro de 2021 do tribunal de selección.

O número 10 do anexo II da Resolución do 21 de de decembro de 2020 establece que o resultado desta convocatoria se publicará no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar o resultado do proceso selectivo para cubrir o posto de subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural nos seguintes termos:

Apelidos e nome: Blanco Paradelo, Moisés.

Tipo de persoal: persoal directivo, grupo III, nivel 2.

Denominación do posto: subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural.

Código do posto: AGDR 03 00 00.

Organismo: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural