Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 115/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 115/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Alves Andaluz contra Limpintegra XXI, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Limpintegra XXI, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 6.617,75 euros en concepto de principal (5.635,24 euros en concepto de salarios e vacacións; 952,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais, que comportan 5.096,78 euros; 30,18 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a compensación económica de liquidación de vacacións, que comportan 538,46 euros), máis outros 661,77 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza