Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 22 de decembro de 2020 pola que se inicia o expediente sancionador en materia de xogo OU-12/20.

O día 22 de decembro de 2020 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede á súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (das 09.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e deixar constancia de tal coñecemento.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: OU-12/20.

Imputada: ADIGA.

Último enderezo coñecido: rúa do Paseo, 64, 32003 Ourense.

Data da resolución: 22 de decembro de 2020.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave, artigo 28.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.