Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12128

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 9 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se regulan as axudas destinadas ás persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por procederen de empresas en crise, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (TR820E).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resólvese proceder á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo a esta resolución.

Finalidade da subvención: o obxecto é a convocatoria de axudas para paliar a situación económica de persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por procederen dunha empresa en crise, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (TR820E), a través dos seguintes programas:

Programa I. Axudas destinadas a financiar as cotas que ingresarán polo convenio especial que teñan subscrito ou subscriban coa Seguridade Social.

Programa II. Axudas de pagamento único dirixidas a compensar as persoas traballadoras da diminución do importe da indemnización recoñecida como consecuencia de sentenza, auto, acto de conciliación xudicial ou resolución administrativa a favor daquelas, a causa dos referidos despedimentos ou extincións de contratos, cando esta é aboada polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Norma reguladora: Orde do 9 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se regulan as axudas destinadas ás persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por procederen de empresas en crise, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (TR820E) (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 23 de xuño).

Aplicación orzamentaria:

Programa I: 09.40.324A.480.0.

Programa II: 09.40.324A.480.0.

Crédito orzamentario: 1.000.000 €, que se distribúen en:

Programa I: 500.000 €.

Programa II: 500.000 €.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Persoa beneficiaria

NIF

Contía

José Antonio López Cabanas

***9152**

1.794,69 €

José Luis Álvarez Díaz

***3646**

1.286,81 €

Álvaro Reigosa González

***6292**

1.946,23 €

Isidro Manuel Martínez Cal

***6556**

1.718,10 €

Francisco Javier García Mahía

***4769**

1.797,07 €

Juan José Gacio Muíño

***5655**

1.288,03 €

Juan Carlos Terrón Sante

***6578**

1.946,81 €

Aníbal López Fernández

***0257**

1.694,07 €

José Ignacio Gayoso Valiña

***0945**

1.627,52 €

Jesús Gómez Croas

***3571**

1.950,00 €

Juan José Acebo Pérez

***9142**

1.251,81 €

José Luis Bajatierra Castro

***6291**

1.950,00 €

José Rubén López García

***5188**

1.950,00 €

Juan José Reigosa Pérez

***9687**

1.574,39 €

Jesús Genaro Vega García

***5843**

1.796,79 €

José López Franco

***4261**

1.727,80 €

Francisco José Méndez Andión

***5133**

1.565,00 €