Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12322

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 36/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario nº 36/2020 deste Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, seguido a instancia de Vanessa Ces Ares contra Ourense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Santiago Shoes, S.L., Carballiño Shoes, .S.L, Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., Pequena Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Boiro Shoes, S.L., Cousas de Moda, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), ditáronse as seguintes resolucións en data 9.2.2021 (cédula de citación, dilixencia de ordenación) pola que se cita de comparecencia ás partes e ao Fondo de Garantía Salarial para o próximo día 28.4.2021 ás 10.25 horas na sala 3, edificio rúa Berlín.

Fáiselle saber que a demanda e demais documentos quedan á súa disposición na secretaria deste xulgado.

Atopándose Ourense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Santiago Shoes, S.L., Carballiño Shoes, S.L., Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., Pequena Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Boiro Shoes, S.L., Cousas de Moda, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva a notificación en legal forma deste.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza