Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 5 febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2019-00002729 e dezaseis máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través de este edicto a resolución ditada no procedemento establecido na Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2019 (DOG núm. 248, do 31 de decembro).

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e terán á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este edicto publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que as resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición, ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución denegatoria (procedemento BS403B)

DNI/NIE/

pasaporte

Núm. de expediente

Acto que se notifica e data

Y0105685Z

BS403B-2019-00002729

Resolución do 23.1.2020

32715952Q

BS403B-2019-00005429

Resolución do 7.11.2019

M343079

BS403B-2019-00006064

Resolución do 7.11.2019

33541000P

BS403B-2019-00007994

Resolución do 27.9.2019

35591694AE

BS403B-2019-00009566

Resolución do 10.2.2020

76828229H

BS403B-2019-00010667

Resolución do 17.6.2020

35479662T

BS403B-2019-00011247

Resolución do 17.6.2020

76056010R

BS403B-2019-00011248

Resolución do 17.6.2020

Y7069156M

BS403B-2019-00011540

Resolución do 10.2.2020

30236107P

BS403B-2019-00011676

Resolución do 23.1.2020

35570217G

BS403B-2019-00011676

Resolución do 10.2.2020

118140309

BS403B-2019-00012485

Resolución do 18.6.2020

Y2984727P

BS403B-2019-00012768

Resolución do 2.6.2020

35479393F

BS403B-2019-00012927

Resolución do 18.6.2020

53303752X

BS403B-2019-00013513

Resolución do 2.6.2020

33342932Q

BS403B-2019-00013558

Resolución do 2.6.2020

44426269K

BS403B-2019-00013733

Resolución do 17.6.2020