Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12315

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 96/2020).

Eu, Marta Yanguas Del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 96/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia Recarey Pérez contra Mug Dolce Café, S.L., en que foi parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza número 1172021, do 4.1.2021, en que se estima a demanda, contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mug Dolce Café, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza