Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11575

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 890/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 890/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Beiro Pérez e Águeda Romero Rodríguez contra Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez e Manuel Fragoso Gómez, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Pilar Beiro Pérez e Águeda Romero Rodríguez contra Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez e Juan Manuel Fragoso Gómez, debo condenar e condeno a Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C. a aboar a cada unha das demandantes a cantidade de 3.537,15 euros brutos –polos conceptos indicados no feito probado sexto desta sentenza–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; todo iso coa responsabilidade subsidiaria, mancomunada e con todo o seu patrimonio dos dous socios codemandadas Adolfo Fragoso Gómez e Juan Manuel Fragoso Gómez, en proporción ás súas respectivas participacións, na falta de bens sociais abondo para facer fronte á débeda. Condénoos a se ater á anterior declaración, cos efectos legais inherentes a ela.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia; deberase aplicar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez e Manuel Fragoso Gómez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza