Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11582

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (MGT 66/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de modificación substancial de condicións de traballo nº 66/2021 do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, seguido por instancia de Javier Manuel García Santos contra a UTE XG-804, Castromil, S.A.; Empresa Monforete, S.A.U.; Eleuterio López e Cía, S.L.; Rías Altas, S.A.; Auto Industrial, S.A.; La Hispano Igualadina, S.L.; Autocares Modesto Riveiro, S.L. e Hermanos Ferrín, S.L., se ditaron as seguintes resolucións con data do 2.2.2021 (decreto e cédula de citación) polas que se citan para a comparecencia as partes para o vindeiro día 10.3.2021, ás 11.30 horas, na sala 3 do edificio da rúa Berlín.

Fáiselle saber que a demanda e demais documentos quedan á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Estando Hermanos Ferrín, S.L. e Autocares Modesto Riveiro, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva a súa notificación en forma legal.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza