Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativa Agrícola Ganadera de Ourense, S.C.G. para unha explotación avícola de pavos de ceba chamada A Ladeira, no concello de Porqueira (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-54).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise pública a seguinte resolución:

Instalación: explotación avícola de pavos

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativa Agrícola Ganadera de Ourense, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2007/0097_NAA/IPPC_161

Localización: concello de Porqueira (Ourense)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-54

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, de xeito presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático