Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11366

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de información pública de varios convenios urbanísticos (expediente 2020/X999/000534).

O Concello de Betanzos negociou e subscribiu o 6 e o 18 de novembro de 2020 os convenios urbanísticos entre este concello e as entidades:

– Bienes Inmuebles Corporativos Atlánticos 2008, S.L.U., con CIF B70193271, e Tojeiro Transportes, S.A., con CIF A15027824, propietarios únicos do SAUI-5 do Plan parcial de Piadela (Betanzos).

– Xunta de Compensación da Unidade de Execución 3 (UE-3) do SAUI-7 do Plan parcial de Piadela (Betanzos), con CIF V-70017405, inscrita no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras da Dirección Xeral de Urbanismo co número 4/06, domiciliada na estrada A Coruña-Tui, km 57, Santiago de Compostela (A Coruña).

– Xunta de Compensación da Unidade de Execución 2 (UE-2) do SAUI-7 do Plan parcial de Piadela (Betanzos), con CIF V-70001714, inscrita no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras da Dirección Xeral de Urbanismo col número 32/05, domiciliada na estrada A Coruña-Tui, km 57, Santiago de Compostela (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación cos artigos 40.2 do regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro; 25.1 do texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese á información pública durante o prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de gran difusión en Galicia.

Durante o dito prazo, o texto inicial dos convenios urbanísticos e o expediente poderá ser examinados por calquera interesado nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, logo de cita, para que se formulen as alegacións que consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello, no enderezo https://sede.betanzos.gal

Betanzos, 29 de decembro de 2020

María Barral Varela
Alcaldesa