Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11363

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle da zona M da modificación número 1 do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

A Xunta de Goberno Local, tras os trámites e informes preceptivos de conformidade coa tramitación regulamentaria, en sesión extraordinaria e urxente celebrada por medios telemáticos o venres 5 de febreiro de 2021, aprobou inicialmente o estudo de detalle da zona M da modificación núm. 1 do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

No certificado de XGL figuran os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de estudo de detalle preparado por encargo de Hijos de Rivera, S.A.U. pola consultora IDOM Consulting, Engineering, Architecture S.A.U., redactado polos arquitectos José Manuel Regueiro Grela e Matilde Álvarez Rodríguez de febreiro 2021 con rexistro de entrada 4/02/21 (811).

Segundo. Abrir un período de información pública por un prazo dun mes desde a publicación do anuncio da aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o período de información pública, poderá examinar o estudo de detalle calquera persoa e formular as alegacións que procedan.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello.

Terceiro. Notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados e outorgarlles un período de audiencia dun mes.

Cuarto. Suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do estudo de detalle, e que é a determinada pola parcela con referencia catastral 1745701NH4914N0000 ZK que están incluídos no ámbito da zona M da modificación nº 1 do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

A duración da suspensión é de duración máxima de dous anos, contados desde a devandita aprobación inicial, e extínguese, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais preceptivos que sexan pertinentes segundo a lexislación sectorial.

Arteixo, 11 de febreiro de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución 1546/2020, do 10 de xullo,
modificada pola Resolución 3056/2020, do 18 de decembro)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Patrimonio