Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11299

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1957/2020 MRA).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1957/2020 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Coto Pazo contra Mutua Maz, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos de Salceda, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Fallamos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por José Antonio Coto Pazo contra a sentenza do 25 de novembro de 2019, do Xulgado do Social número 5 de Vigo, en autos 223/2019, confirmamos tal sentenza.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo "Observacións ou Concepto da transferencia" os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos de Salceda, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza