Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete á información pública o Plan de restauración da concesión de explotación de recursos da sección C Veigachá número 4300.1, situada nos termos municipais de Maceda e Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense.

De conformidade co Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (artigo 6), faise público o proxecto de restauración da concesión de explotación de recursos da sección C Veigachá número 4300.1, situada nos concellos de Maceda e Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense, promovido por Ignacio Gómez Veiga como titular da citada concesión.

O proxecto pódese consultar nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense (Curros Enriquez, nº 1-3º) ou no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http:/ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que considere oportuno e presentalo en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación do Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 6.3. do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño.

Ourense, 25 de xaneiro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense