Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas Castro I e Castro Castro I, apreciáronse os seguintes:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 20 de xaneiro de 2021, Ana Castro Padín (***4778**) e Evaristo Novas Castro (***4451**) solicitaron autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas Castro I e Castro Castro I.
Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.
Terceiro. No expediente consta o informe técnico preceptivo.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nas bateas de cultivos mariños.
Vistos os antecedentes citados, e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve outorgar a Ana Castro Padín (***4778**) e Evaristo Novas Castro (***4451**) autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:
Subtipo: batea.
Nome: Castro I.
Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 98.
Polígono: E.
Distrito: O Grove.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Titulares: Ana Castro Padín (***4778**) e Rosario Castro Padín (***6233**).
Subtipo: batea.
Nome: Castro Castro I.
Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 97.
Polígono: E.
Distrito: O Grove.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Titulares: Evaristo Novas Castro (***4451**) e Carmen Domínguez Blanco (***5158**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:
Subtipo: batea.
Nome: Castro I.
Localización: cuadrícula nº 97.
Polígono: E.
Distrito: O Grove.
Subtipo: batea.
Nome: Castro Castro I.
Localización: cuadrícula nº 98.
Polígono: E.
Distrito: O Grove.
Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.
Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.
Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.
Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 28 de xaneiro de 2021
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo