Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a folla de valoración fundada da Administración ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/17/141.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notificaselles ás persoas sinaladas no anexo a folla de valoración fundada da Administración do expediente expropiatorio das obras do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno dos treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06, nos concellos de Marín e Pontevedra, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, e coñecer o contido íntegro desta folla de valoración fundada da Administración. Unha vez transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

4

36004A04900011

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

28

36004A02900057

Leal García, Emilia (herdeiros de)