Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público, situado na rúa Castaño de Eirís, 1D, A Coruña (expediente 631/2020/224).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 12 de xaneiro de 2021, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público, situado na rúa Castaño de Eirís, 1D, C.P. 15009 Eirís, A Coruña. Decembro 2020, redactado pola arquitecta Elsa Urquijo Gómez, colexiada nº 2225 do COAG, e promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe Información urbanística; na web de Urbanismo e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou que se dirixirá a registrourbanismo@coruna.es.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo