Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación LMTA VLL813 entre apoios 119 e 129.
Situación: concello de Esgos.
Características técnicas: substitución de 5 apoios de formigón por metálicos celosía, en LMTA VLL813, no tramo entre apoios 119 e 129, e dotación de novo condutor LA-56 mm2 Al cunha lonxitude de 1.031 m. Os apoios que se van substituír son os números 120, 121, 123, 124 e 125.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Ourense, 27 de xaneiro de 2021
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Nº de expediente: IN407A 2021/007-3.
Termo municipal: Esgos.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA VLL813 entre apoios 119 e 129.
Predio nº: 1.
Lugar: Regueiro.
Cultivo: prado.
Referencia catastral: 32032A009004390000JU.
Titular: herdeiros Antonio Fernández González.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 120.
Predio nº: 2.
Lugar: Gurpilleira.
Cultivo: matogueira.
Referencia catastral: 32032A009004760000JW.
Titular: José Fernández Formoso.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 121.
Predio nº: 3.
Lugar: Portamieiras.
Cultivo: matogueira.
Referencia catastral: 32032A009004840000JQ.
Titular: María Josefa Ferrín Formoso.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 123.
Predio nº: 4.
Lugar: Portamieiras.
Cultivo: labradío.
Referencia catastral: 32032A009005050000JH.
Titular: herdeiros Rosa Blanco Lorenzo.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 124.
Predio nº: 5.
Lugar: Selvela.
Cultivo: carballeira.
Referencia catastral: 32032A009005240000JK.
Titular: herdeiros de Filomena Seara González.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 125.