Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11105

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 11/2021).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Grande Fernández contra a empresa Marcos Sucasas Lorenzo, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto en que se despacha execución do 29 de xaneiro de 2021, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do Xulgado.

Dilixencia de ordenación e Decreto do 29 de xaneiro de 2021, ambos impugnables en revisión no prazo de tres días, os cales se encontran á súa disposición na sede do Xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Marcos Sucasas Lorenzo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza