Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2021 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional realizadas fóra de prazo durante o ano 2020, e se procede á súa notificación.

Na actualidade o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28.1.2020). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante Orde da Consellería de Facenda do 28 de marzo de 2019 publicouse o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo).

O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de 4 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo, sen que se realizase ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución, presentadas no ano 2020, para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estaren presentadas fóra do prazo establecido, e proceder á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos

Nome

Data soliciltude

***3536**

Riveiro Traba

Rafael

16.7.2020

***7514**

Cendán García

Noemí

21.10.2020

***7179**

Puertas Cano

Susana María

29.10.2020

***2658**

Díaz Salazar

Avelino

30.10.2020

***1688**

Gómez Folgueira

Margarita

2.11.2020

***3648**

López Sampedro

Irene

2.11.2020

***2867**

Almansa Hermida

Manuel

6.11.2020

***0716**

Fernández Sánchez

Eva María

10.11.2020

***1188**

Montoya Santos

José

10.11.2020

***0574**

Carral Gómez

Lorena

11.11.2020

***2486**

Díaz Graña

Teresa

11.11.2020

***8611**

Jeremías Suárez

Juan Antonio

11.11.2020

***2576**

Guerra Herrero

María Ángeles

17.11.2020

***4865**

Fernández Iglesias

Manuel Antonio

19.11.2020

***6005**

De la Fuente Acebes

María Henar

19.11.2020

***0648**

Vazquez Suárez

Carlos

19.11.2020

***8211**

Justo Fernández

Eduardo

19.11.2020

***1275**

Otero Iglesias

María Consuelo

19.11.2020

***8600**

Suárez Rey

Fernando

19.11.2020

***9784**

Castrillo Rodríguez

María Luisa

20.11.2020

***1086**

García Redondo

Concepción

23.11.2020

***6328**

Cortizo Ruibal

Marta Lourdes

23.11.2020

***5529**

Sánchez Becerra

Sonia Margarita

23.11.2020

***0695**

Méndez Digón

Carmen

23.11.2020

***6068**

Gómez Reimuinan

Juan Carlos

24.11.2020

***7742**

Martínez Suárez

David Fernando

25.11.2020

***1551**

López Villaverde

María Soledad

26.11.2020

***8504**

Collazo Sanmartín

Javier

1.12.2020

***3436**

Llorente Pérez

Miguel Ángel

4.12.2020

***9538**

Roldán Pimentel

Berta Margar

14.12.2020

***3834**

Román Domínguez

Yolanda

29.12.2020

***8220**

Moldes Otero

Florentino

31.12.2020