Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-18106 e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, son emprazadas, para notificarlles as resolucións, as persoas citadas no anexo ou os seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 22 de xaneiro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-18106

35864825M

Resolución por falecemento e arquivamento

3.11.2020

BS210A/VI-79322

35975088Y

Resolución por falecemento e arquivamento

21.10.2020

BS210A/VI-79397

35813686H

Resolución por falecemento e arquivamento

14.12.2020

BS210A/VI-81218

35806305C

Resolución por falecemento e arquivamento

9.11.2020

BS210A/VI-81662

39459407D

Resolución por falecemento e arquivamento

21.9.2020

BS210A/VI-83019

35552640E

Resolución por falecemento e arquivamento

9.11.2020