Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10588

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas

ANUNCIO de modificación de estatutos.

Aprobada por unanimidade a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas, en reunión do 5 de setembro de 2020, e en Resolución de data 11 de decembro de 2020, a Secretaría Xeral para o Deporte resolveu a anotación no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia desta modificación de estatutos, podendo comprobarse o seu contido na páxina web da propia federación (https://federaciongallegakarate.com).

Ferrol, 21 de decembro de 2020

Óscar Lafuente López
Presidente da Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas