Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/189-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construcción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad SA.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución apoio na LMT GON806 en Radio Faro.

Situación: Vigo.

Características técnicas: substitución do apoio 9RQX9MB2//D64-B3, no tramo de LMTA GON8063036, por un apoio C-2000/16 e tendido dun van de 87 metros, con condutor LA-56, desde este apoio proxectado ata o existente 9RSJUX31//D64/B2. Retensado do van contiguo ao apoio proxectado. A intalación está situada no lugar de Radio Faro, Oia, concello de Vigo.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 11 de decembro de 2020, no BOP do 1 de decembro de 2020, no xornal Faro de Vigo do 27 de novembro de 2020, no BOE do 11 de decembro de 2020 e no taboleiro de anuncios do concello de Vigo. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V, do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuizo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra